‘O Lobo Bobo’ chega a Escarabote cunha nova visión dos clásicos infantís

16 Outubro 2019

20191016. O Centro Social de Escarabote, no municipio de Boiro, acollerá o sábado 19, ás 12.00 horas, o espectáculo de teatro musical O Lobo Bobo, a cargo de Elefante Elegante, e dirixido a cativos con idades comprendidas entre os 3 e 7 anos. Nesta cita, Gonçalo Guerreiro mestura os contos de sempre, creando unha nova historia na que conviven o cómico e o poético co teatro xestual e a música. Ademais, trátase dun espectáculo interactivo, onde as marionetas cobran vida nas casas que se van construíndo diante dos ollos dos espectadores a medida que se narran as novas aventuras dos personaxes dos clásicos infantís. Deste xeito, tentará dar resposta a preguntas coma “que pasaría se o lobo de Carapuchiña se fixese vexetariano?” ou “que acontecería se a Madrasta de Branca de Neve se convertese nun dos tres Porquiños por mirarse tanto no espello máxico?”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.