O Concello de Ribeira licita o arranxo da estrada da Perdigoteira en Artes

21 Outubro 2019

20191021 O Concello de Ribeira informou da saída a contratación dos traballos destinados a repoñer o pavimento asfáltico na estrada da estrada da Perdigoteira, na parroquia de Artes. A obra ten un orzamento de licitación de 76.544 euros e un prazo de execución de dous meses. A orixe desta actuación está na necesidade de optimizar o firme de calzada do dito vieiro, na actualidade moi deteriorado, “especialmente nalgúns treitos”.

O obxectivo principal é mellorar a estrada “a través dunha capa de aglomerado asfáltico en quente de seis centímetros de espesor”, sinalou o Concello, engadindo que o proxecto técnico implica a limpeza das marxes e o acondicionamento da superficie, a aplicación dunha capa de mestura bituminosa en quente de 6 centímetros de espesor nunha superficie de 866 toneladas, o recrecido de tapas de rexistro á cota do novo pavimento e o pintado da sinalización viaria.

As empresas interesadas dispoñen ata o 28 de outubro ás 0.00 horas para presentar as súas ofertas a través da Plataforma de Contratos de Galicia.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.