O Concello de Boiro súmase ao rosa polos actos do Día Mundial Contra o Cancro de Mama

17 Outubro 2019

20191017. Con motivo do Día Mundial Contra o Cancro de Mama, o Concello de Boiro decidiu sumarse á iniciativa da Asociación Boirense de Empresarios (ABE) consistente en vestir de rosa os escaparates dos establecementos asociados. Así, procederase á iluminación da fachada do Consistorio na mesma cor co obxectivo de amosar o seu apoio.

Unha acción que se estenderá a outras datas sinaladas coma o Día Mundial da Diabetes, no que se iluminará de cor azul.

Ademais, o domingo 20 terá lugar a terceira edición da Andaina Solidaria contra o cancro de mama, organizada por Cimadevila Salud. A cita partirá desde a praza do Concello, polo que o aparcadoiro municipal abrirá nesta xornada desde as 09.30 horas para maior comodidade de tódolos participantes.

Outros artigos

Amicos énchese de personaxes de cinema para celebrar o Samaín

Meigas, criaturas do máis alá e personaxes dalgunhas das películas máis coñecidas do cinema de terror déronse cita na sede boirense de Amicos para celebrar o Samaín 2026. O Centro de Atención Integral transformouse nun escenario de película, onde persoas de todas as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

Cantó en la entrega del Princesa de Asturias un fragmento de Wing, a sus 79 años, desmelenada según costumbre, áspera y afinada melódicamente. Escuché por you tube algunas de sus canciones espectáculo en auditorios petados con megafonía alta ante público entregado,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.