O CEIP Plurilingüe de Palmeira fíxose cun primeiro premio no certame cine OUFF Escola

08 Outubro 2019
Fotograma da curta Agapito vai de viaxe

20191008. A décima edición do certame de cine OUFF Escola achegou o cine a máis de 2.000 escolares de centros de Primaria e Secundaria de toda Galicia que presentaron os seus traballos. Entre eles, houbo representación dos municipios de Arousa Norte, pois o CEIP Plurilingüe de Palmeira fíxose co 1° Premio en categoría infantil ou primaria coa curta Agapito vai de viaxe. Nesta historia, Agapito, mascota da biblioteca da escola de Palmeira, emprende unha viaxe á illa de Sálvora para encontrarse coa serea Mariña.

Cedida por CEIP Plurilingüe de Palmeira

A gala de entrega destas distincións, presentada polo actor Fernando González, reuniu aos centros educativos participantes no Auditorio de Ourense, contando coa asistencia de representantes do Concello ourensán e da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

A nova convocatoria encádrase na vixésimo cuarta edición do Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF 2019), tendo como obxectivo impulsar o uso do galego entre a xuventude, coñecer a visión desta sobre o seu entorno sociocultural e fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo, nunha linguaxe atractiva para o alumnado, contribuíndo a xerar un espírito crítico.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.