O CEIP Ana María Diéguez inaugura no Museo do Pobo Galego unha mostra sobre o patrimonio de Asados

29 Outubro 2019

O Museo do Pobo Galego (Compostela) acolle dende a semana pasada unha exposición con fonda pegada rianxeira. Trátase dunha mostra na que se exhiben os proxectos educativos gañadores da undécima edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas, pertencentes ao CEIP Ana María Diéguez de Asados (na categoría de ensino primario) e ao CPR María Inmaculada de Silleda (modalidade de ensino secundario).

Polo que se refire ás contribucións do colexio rianxeiro, trátase dunha colección presentada baixo o título Pintando o patrimonio e cun marcado interese por visualizar elementos da importante riqueza etnográfica, histórica e cultural da contorna de Asados e Rianxo. A mostra, elaborada ao longo dun ano de traballo, consiste na reprodución por treitos dun mural colectivo de 50 metros que sintetiza, resume e potencia a mensaxe básica do proxecto: reivindicar os tesouros, a identidade e o pasado da contorna de cada quen. Este mural orixinario está situado nas paredes exteriores do centro educativo. A exposición no museo compostelán inclúe tamén cunha escolma de traballos do alumnado e cunha serie de vídeos accesíbeis mediante códigos QR onde os nenos e nenas do CEIP Ana María Diéguez amosan e explican, coa axuda dos dispositivos móbiles dos visitantes, distintos elementos do patrimonio material e inmaterial da súa parroquia.

A exposición foi inaugurada o 26 de outubro polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o presidente da Fundación Antonio Fraguas, Xusto Beramendi, entre outras personalidades.

O certame veu da man da Fundación Antonio Fraguas Fraguas, coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura e Turismo. As dúas iniciativas gañadoras (a de Asados e a de Silleda) foron premiadas en xuño de 2018 con 7.000 euros destinados a que ambos os centros educativos desenvolvesen o seu proxecto e montasen cadansúa mostra co resultado da súa execución. O resultado é o que podemos ver estes días no Museo do Pobo Galego.

Valentín García, na inauguración, salientou o esforzo realizado por profesorado e alumnado para crear dúas exposicións que “cumpren con creces as expectativas que tiñamos hai un ano cando se premiou o voso proxecto” e animou os rapaces e rapazas presentes “a seguir interesándovos polo noso patrimonio cultural e lingüístico, co fin de que o apreciedes, o respectades e traballedes sempre para que sexa patrimonio vivo”.

Outros artigos

Comeza a conta atrás para a décima edición de Os 100 do Barbanza

O percorrido da presente edición Esta fin de semana, o sábado 21 e o domingo 22 de xuño celebrarase a nova edición (a décima) da xa histórica proba Os 100 do Barbanza, a andaina-ultratrail de 100 quilómetros que percorre os sete concellos da península do Barbanza. A...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Más democracia frente a la corrupción”. Alberto Barciela

“Más democracia frente a la corrupción”. Alberto Barciela

En los enredos políticos cabe valorar indicios superlativos de egolatrías, ambiciones, avaricias y desentendimientos. Los coches oficiales suelen llevar cristales tintados y eso impide ver los bosques, descender a la realidad de lo cotidiano, entender lo que preocupa...

“De frutas a portas, pasando por Madrid”. Antón Luaces

“De frutas a portas, pasando por Madrid”. Antón Luaces

En tempos, Madrid foi -amáis de capital de España- a cidade das chulapas e chulapóns, a cidade con máis mariños do territorio español, de osos e madroños e a capital do schotis que había que visitar polo menos unha vez na vida. Na actualidade, Madrid é tamén un...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.