O BNG pobrense cualifica a actuación de Nós Pobra de “comportamento antidemocrático”

02 Outubro 2019

20191002. A convocatoria do pleno extraordinario e urxente na tarde de onte na Pobra do Caramiñal foi criticada polo BNG, manifestando que está “absolutamente abraiado e decepcionado do comportamento antidemocrático de Nós Pobra” sinalando a “complicidade necesaria do PSOE.”

A forza nacionalista indica que “faltoulle tempo” para “aproveitar que a renuncia dos dous concelleiros do BNG dáballe unha temporal maioría ao seu goberno diante do PP.” Deste xeito, precisan que o obxectivo era “aprobar pola porta de atrás, de xeito espurio” a dedicación exclusiva da concelleira de Servizos Sociais, Servizos Municipais e Benestar Animal, así como a contratación de persoal responsable da secretaría da Alcaldía.

O Bloque engade que mantivo conversas con Nós Pobra contemplando unha forma de goberno de coalición “que fora quen de pensar e realizar todas as obras e necesidades que a nosa vila ten”, debateu os puntos “con absoluta clareza e honestidade”, pero que “nunca, e isto quere dicir nunca, aceptou que os cartos do concello serviran para contentar egos e manter contentas as faccións que forman a asemblea de Nós Pobra.” Para a formación, os criterios a empregar na contratación de persoal eventual “que coordinara un goberno de coalición, tripartito, tiñan que ser profesionais e, dende logo, de consenso.” Cualifican así de “traizón ao sentido democrático de representación proporcional” o realizado por Nós Pobra, xa que apuntan que “por boca da concelleira Sra. Varela e do señor Piñeiro, escoitamos, soubemos, que o posto tiña que ser para ‘un referente de NP’, ou sexa, para pagar favores e lealdades.”

Rematan afirmando que “por aí o BNG non pasa. Non, señoras e señores de Nós Pobra, non pasa.”

Outros artigos

Máis de 30 persoas participan nas xornadas do Premio Emprende-Co Pobra

O Concello da Pobra do Caramiñal celebrou os días 1 e 9 de xuño dúas sesións informativas sobre o Premio Emprende-Co Pobra, unha iniciativa municipal de apoio ao emprendemento e á dinamización do comercio local impulsada pola área de Promoción Económica co respaldo da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...