O BNG pobrense afirma que “non vamos a ser espectadores”

02 Outubro 2019

20191002. O BNG da Pobra do Caramiñal convocou para esta mañá unha rolda de prensa co obxectivo de dar a coñecer a súa posición respecto ao pleno extraordinario e urxente de onte, ao cal se levaron os puntos relativos á designación de dedicacións, réxime económico das asistencias e indemnizacións e asignacións aos grupos políticos, do mesmo xeito que a determinación do número e réxime de persoal eventual.

A formación describiu o proceder de “antidemocrático”, sinalando que o goberno local “aproveitou un proceso burocrático no cal estamos inmersos”, que se corresponde co período que vai desde a renuncia dos concelleiros nacionalistas ata a toma de posesión dos novos edís que formarán parte da corporación municipal, para aprobar “de xeito maioritario, cando a eles as urnas non lle deron a maioría absoluta” a dedicación exclusiva da responsable da Concellería de Servizos Sociais, Servizos Municipais e Benestar Animal, así como a contratación de persoal encargado da secretaría da Alcaldía.

O Bloque tamén cualificou de “indecente” o contido “caciquil” da sesión plenaria, “utilizando as institucións de xeito partidista para empregar aos seus, as utilizan como unha oficina de emprego.”

Do mesmo xeito falan dun “uso espurio dunha maioría temporal” e de “covardía política”, pois, segundo afirman, non seu informou ao grupo municipal do BNG da realización deste pleno “premeditado”, convocado días despois da renuncia de Ramiro Ouviña e Cristina Andrade. “Os fins non xustifican os medios”, sentencian.

Así mesmo, refírense aos socialistas, expoñendo a súa preocupación polo “bochorno que tiveron que sentir onte moitos militantes e simpatizantes do PSOE, que durante moitos anos pelexaron neste Concello para que esas políticas caciquís non foran adiante, e onte ver que a súa concelleira levanta a man a favor destes puntos.” Engaden que “a vulneración democrática non é só contra o BNG, é da democracia, co cal, non soamente os representados do BNG, senón os votantes do PP tamén quedan desvirtuados.”

O BNG recorda que, antes da investidura, mantivo conversas con Nós Pobra, pero que “a liña vermella que non iamos pasar” era que o posto de persoal de secretaría da Alcaldía “estivera dado a un referente de Nós Pobra”, pois consideran que, ante a posible formación dun tripartito, “tería que haber unha persoa” contratada segundo criterios profesionais , “consensuando ese cargo”, incluso indican que propuxeron que unha empresa especializada na colocación se ocupase de facer unha escolma para, a continuación, escoller o candidato. No que respecta á dedicación exclusiva da Concellería de Servizos Sociais, Servizos Municipais e Benestar Animal, non entenden que o goberno “agora nos estea descubrindo necesidades que antes non tiña.” Ademais, apuntan que non recibiron ningún tipo de comunicación por parte do PP.

Finalmente, os nacionalistas aclararon que “non vamos a ser espectadores” e que “neste momento non hai ningunha posibilidade de que BNG e goberno da Pobra do Caramiñal cheguen a un acordo.”

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Dor e sufrimento” – José Manuel Pena

“Dor e sufrimento” – José Manuel Pena

No colexio, na piscina, no ximnasio, nunha excursión polo campo ou dentro do propio núcleo familiar, que muller non sufriu algún acoso ou agresión de tipo sexual? Eran outros tempos, din algúns. A pesar de todo, actualmente, unha gran parte da sociedade segue mirando...

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

O que foi e o que non é;  o que puido ser e a realidade converteu nunha experiencia máis para todos; o que o presidente autonómico canario quixo transmitir coma un relato propio daquel personaxe que foi "Cantinflas", quedará gravado para sempre na memoria de cantos, a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.