Manuel Dieste e Protección Civil de Ribeira e de Rianxo, distinguidos pola Asociación Nacional de Agrupacións

28 Outubro 2019
Representación de Ribeira no acto

A Academia Galega de Seguridade Pública na Estrada acolleu esta fin de semana unha cerimonia na que foi recoñecido o labor de máis dunha vintena de voluntarios e 29 agrupacións de Protección Civil nun acto promovido pola Asociación Nacional de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil.

Entre os distinguidos figuran quen fora fundador da entidade ribeirense, Manuel Dieste Mos, coa Cruz de Servizos Distinguidos na categoría de ouro, outorgada a título póstumo. Así mesmo, a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ribeira e de Rianxo foron premiadas polo seu labor coa Placa ao Mérito na súa categoría de ouro.

Desde a agrupación ribeirense manifestaron que “este é un aliciente para continuar co traballo constante e de servizo desinteresado a toda a sociedade por e para a seguridade de Ribeira e demais Concellos nos que vimos desempeñando o noso labor desde que o fundador deste servizo, Manolo Dieste, impulsou a creación de Protección Civil Ribeira.”

O acto contou con presenza da contorna. Entre outros, asistiron o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz; o rexedor de Rianxo, Adolfo Muíños; o concelleiro ribeirense de Seguridade e Mobilidade Cidadá, Víctor Reiriz; o presidente de honra de Protección Civil de Ribeira, Francisco Sánchez; o presidente actual, José Francisco Parente; e o presidente de Protección Civil de Rianxo, Manuel Gómez Villanustre; ademais da nai e a irmá de Manuel Dieste.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.