Máis de 210.000 euros de investimento para a mellora de Xarás

18 Outubro 2019

20191018. O ribeirense polígono industrial de Xarás vén de ser o destinatario dunha inversión superior aos 210.000 euros co obxectivo de mellorar esta área a través de dúas actuacións consistentes na renovación en beirarrúas e calzada dun tramo da avenida Ramiro Carregal Rey -a cal xa comezou-; así como a instalación dunha nova rede de pluviais que foi adxudicada con carácter provisional.

No que respecta á primeira das obras, a intervención persegue continuar outra acción semellante emprendida o outono pasado. A empresa que se atopa desenvolvendo estes traballos é Marqués de Marancán S.L., cun investimento de 81.670 euros, IVE incluído. A actuación conta cunha achega da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia ao abeiro da orde do 17 de decembro de 2018, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais de Galicia.

As beirarrúas onde se centran os labores están pavimentadas actualmente en formigón en masa e presentan un estado deteriorado ao igual que a calzada. Por esta razón, proxéctase a pavimentación das devanditas beirarrúas cunha capa de formigón de 20 centímetros de espesor e a pavimentación da calzada con aglomerado asfáltico en quente ao longo de 265 metros.

A segunda das obras referidas comprende a instalación dunha rede de pluviais na avenida Ramiro Carregal Rey, a cal vén de ser adxudicada con carácter provisional a Excavaciones Nima, S.L., das corenta ofertas presentadas. Dita actuación supón unha inversión de 131.018 euros e conta cun prazo de execución de tres meses.

A día de hoxe, esta área industrial dispón dunha rede deficitaria de pluviais que rexistra ocasionalmente avarías, circulando a auga de chuvia pola calzada en gran cantidade.

Co obxecto de evitar esta situación, proxéctase unha nova rede dispoñendo un colector por cada unha das marxes das rúas principais do polígono, a base de PVC corrugado de 400 milímetros de diámetro. Ademais, nos cruces de colectores situaranse pozos de rexistro e tamén se instalarán acometidas de pluviais aos inmobles.

Outros artigos

Lecer na Ribeira presenta as propostas culturais para o verán

Este luns 23 de xuño presentouse en Santa Uxía a programación cultural do verán, baixo a denominación Lecer na Ribeira, que engloba todas as accións da época estival, dende esta derradeira fin de semana do mes de xuño ata a primeira quincena setembro. Na presentación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

Este ano as asociacións integrantes do Colectivo Galeguizar Galicia están a desenvolver moitas iniciativas novidosas para incentivaren o uso da lingua galega en todos os eidos nos que están presentes. Por poñermos un exemplo, a Irmandade Xurídica Galega, que celebrou...

“La historia de Fuente Seca” – Manuel Domínguez

Dejadme contar la historia de Fuente Seca . La pequeña aldea se estaba muriendo de soledad y abandono. El parque solitario, el silencio de la mañana y la tarde, tanto era así que hasta el rio no cantaba. La escuela cerrada, como cerrada la alegría de los viejos del...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.