Laura Novelle e Severino Romero, novos cargos orgánicos dentro do BNG da Pobra

11 Outubro 2019

20191011. O BNG pobrense vén de presentar os novos cargos orgánicos que se renovaron dentro da súa asemblea. Deste xeito, Laura Novelle ocupará o cargo de responsable local e Severino Romero o de vicerresponsable.

Laura Novelle expresou o seu agradecemento aos seus compañeiros e compañeiras de asemblea por escollela para afrontar dita responsabilidade. “Unha responsabilidade que afronto con moitísima ilusión e con moitísima enerxía positiva”, tal e como apuntou a nova responsable local. Tamén engadiu que asume este reto “con moitísima ilusión porque penso que no BNG da Pobra estamos abrindo un tempo novo, un tempo que afrontamos de maneira moi positiva.” Así, mesmo anunciou novos cambios coma a celebración das asembleas locais cada quince días e as asembleas abertas nos meses pares “porque queremos contar coa veciñanza da Pobra do Caramiñal, queremos escoitalos, queremos falar con eles, queremos que nos conten cales son as súas inquedanzas e queremos traballar xuntos pola mellora e polo benestar da Pobra do Caramiñal.” A continuación, fixo referencia ás eleccións xerais do 10-N, afrontándoas os nacionalistas “cunha enerxía moi positiva, no sentido de que temos moi boas perspectivas. Nesta ocasión si podemos ter representación en Madrid e iso é algo moi importante porque se o BNG está, Galiza está.” Laura Novelle comezou a súa andaina estando vencellada ao Bloque en Ourense e esta constitúe a súa primeira experiencia política dentro da organización.

Pola outra banda, Severino Romero aportará a súa experiencia en cargos institucionais e orgánicos, apoiando o labor da súa compañeira.

Na súa intervención, Amparo Cerecedo manifestou que constitúen “un tándem perfecto porque combina a experiencia co ímpeto da mocidade e das ganas de traballar”, engadindo que ambos son “xente con moito sentidiño común.”

Outros artigos

O BNG esixe “celeridade” para rematar as obras de Palmeira

A deputada do BNG no Parlamento de Galiza, Rosana Pérez, trasladou en comisión parlamentaria a preocupación existente pola paralización das obras de humanización da estrada AC-305 ao seu paso pola parroquia de Palmeira, no concello de Ribeira. Fíxoo a través dunha...

+

O taichí terapéutico chega a Vilariño e Santa Cruz

O Concello da Pobra do Caramiñal, a través da Concellaría de Participación Veciñal, pon en marcha unha nova actividade de taichí terapéutico destinada a promover hábitos saudábeis, favorecer o benestar físico e emocional e ofrecer espazos de encontro para a veciñanza....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...