Invisibles recala na Mostra de Teatro de Ribeira

31 Outubro 2019

Con motivo da Mostra de Teatro de Ribeira, o Auditorio municipal será escenario o venres, 1 de novembro, ás 21.30 horas, da posta en escena de Invisibles, a cargo de Redrum Teatro. Baseado no libro do mesmo nome de Montse Fajardo, presenta sete testemuños reais de maltrato a través de tres voces femininas. Tres xeracións de mulleres que amosan que non hai un perfil concreto de vítima de violencia machista. Así, o obxectivo deste espectáculo é concienciar e sensibilizar aos espectadores sobre unha lacra que afecta a toda a sociedade, facéndoa ben visible para poder eliminala.

O elenco está composto polas actrices Sheyla Fariña, Mela Casal e Nieves Rodríguez, baixo a dirección de Marián Bañobre.

Esta peza teatral trátase dunha coprodución entre Redrum Teatro, a Concellería de Igualdade do Concello de Pontevedra, o Centro Dramático Galego e a Deputación da Coruña.

Ademais, conta con varias distincións coma os galardóns a Mellor Adaptación, Mellor Dirección e Mellor Iluminación dos Premios de Teatro María Casares; así como o Premio Luísa Villalta a Proxectos de Igualdade concedido pola Deputación da Coruña.

Cómpre lembrar que a totalidade dos bonos para a mostra foron vendidos, polo que o aforo xa está completo.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...