Incendio na rúa Bao de Boiro

21 Outubro 2019

20191021.- Un incendio a primeira hora de hoxe obrigou a evacuar ós veciños dun inmoble situado na rúa Bao, no municipio de Boiro. Os residentes foron desaloxados na madrugada por mor dun incendio orixinado no Bodegón San Julián situado no baixo do edificio, pero non houbo feridos.

Unha vez rematada a intervención por parte dos servizos de emerxencia, os residentes puideron retornar ás súas vivendas. No incendio ardeu o falso teito e parte do inmobiliario do local, sen causar danos persoais.

Os feitos comezaron sobre as 6,00 horas deste luns cando se recibiu o aviso dun lume nun baixo comercial dun edificio na rúa Bao. Ademais dos Bombeiros de Boiro e de Ribeira e dos axentes da Garda Civil, ata o lugar dos feitos desprazáronse membros de Protección Civil da localidade e Policía Local.

Rúa Bao Boiro

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.