Falece afogado en Queiruga un home residente en Boiro

11 Outubro 2019

20191011. Un home faleceu onte na praia de Queiruga, no municipio de Porto do Son. O dispositivo de busca activouse pouco antes das 18.00 horas do xoves 10 co obxectivo de atopar a unha persoa que desaparecera no mar. O operativo contou coa Policía Local, Protección Civil e Garda Civil, así como medios aéreos. Finalmente, ao redor das 19.30 horas, o helicóptero Pesca 1 localizou o corpo na auga e trasladouno ao areal, onde quedou baixo a custodia dos efectivos de emerxencias á espera da chegada do xuíz de garda para proceder ao levantamento do cadáver. A vítima residía en Boiro.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“…e o “medicamentazo”!”. Dr. Xosé Mª Dios Diz

“…e o “medicamentazo”!”. Dr. Xosé Mª Dios Diz

“O mundo non está en perigo polas malas persoas, se non por aquelas que permiten a maldade.Albert Einstein: Alemania 1879 - EUA 1955. Físico e matemático. No estado español, o "medicamentazo" (Real Decreto Lei 16/2012) de Mariano Rajoy (PP)permitiu a exclusión do...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.