Eu queríame Casare, de Lucía Veiga e Pedro Brandariz, este venres en Ribeira

24 Outubro 2019

Os actores, clowns e humoristas Lucía Veiga e Pedro Brandariz (Dinamo Producións) van facer este venres unha parada en Ribeira para representar o seu espectáculo de humor Eu queríame casare. A cita será na Casa da Cultura a partir das 21.30 horas. Trátase dunha montaxe “en clave de comedia” escrita por José Prieto e dirixida por Marita Martínez Arcay. A obra, segundo avanza Dinamo Producións, relata a vida de “dous auténticos perdedores que buscan a súa última oportunidade no amor”.

Os seus nomes son Antón e Lola, están preto de converterse en corentóns e están mergullados na procura dun obxectivo concreto: unha relación que os salve e os redima, “antes de que se pase o arroz” e todas as cousas que se pasan cando non se aproveitan as oportunidades como hai que aproveitalas. En palabras da produtora, Eu queríame casare “achega 75 minutos de risas aseguradas, nunha comedia actual e frenética na que se irán sucedendo situación moi doadas de identificar para o público”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...