Este xoves finaliza o prazo de inscrición no III Concurso Fotográfico de Micoloxía

29 Outubro 2019

A terceira edición das Xornadas Micolóxicas chega á Pobra do Caramiñal cunha programación que inclúe coloquios, obradoiros, saída ao campo e concurso fotográfico. Os interesados en participar nesta última actividade deberán inscribirse de forma obrigatoria, dispoñendo dun prazo que remata o 31 de outubro, ás 12.00 horas.

Para anotarse é preciso enviar un correo electrónico a medioambiente@apobra.gal coa información que inclúe nome e apelidos, documento de identidade e teléfono de contacto. Unha vez recibidos eses datos, o servizo de Medio Ambiente do Concello remitirá a cada persoa a tarxeta de participación no III Concurso Fotográfico de Micoloxía.

O prazo para o envío de imaxes finaliza o 11 de novembro, ás 12.00 horas, admitíndose só dúas fotografías por participante e unicamente poderá ser premiada unha delas. En caso de entregarse máis, quedarán excluídas tódalas imaxes presentadas. Ademais, deberán ser orixinais e inéditas, responsabilizándose os participantes de ser os únicos autores das mesmas.

Cada concursante deberá imprimir a tarxeta de participación recibida por correo electrónico e, por cada imaxe a concurso, deben realizarse dúas fotografías: unha onde se vexa a tarxeta e outra onde non -sendo esta última coa que se participe-, resultando preciso enviar ambas.

As imaxes entregaranse en soporte dixital en formato JPG cun tamaño de 1024×768 píxeles ao enderezo electrónico medioambiente@apobra.gal, indicando como asunto Concurso Fotográfico de Micoloxía 2019, así como o nome e apelidos do concursante.

Os premios consistirán en bonos de compra no comercio local e establecementos de restauración do Concello, establecéndose tres galardóns con diferentes contías.

As bases completas están dispoñibles na páxina web do Concello, no Facebook de Medio Ambiente da Pobra do Caramiñal ou preguntando mediante medioambiente@apobra.gal.

Outros artigos

Comeza a conta atrás para a décima edición de Os 100 do Barbanza

O percorrido da presente edición Esta fin de semana, o sábado 21 e o domingo 22 de xuño celebrarase a nova edición (a décima) da xa histórica proba Os 100 do Barbanza, a andaina-ultratrail de 100 quilómetros que percorre os sete concellos da península do Barbanza. A...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Más democracia frente a la corrupción”. Alberto Barciela

“Más democracia frente a la corrupción”. Alberto Barciela

En los enredos políticos cabe valorar indicios superlativos de egolatrías, ambiciones, avaricias y desentendimientos. Los coches oficiales suelen llevar cristales tintados y eso impide ver los bosques, descender a la realidad de lo cotidiano, entender lo que preocupa...

“De frutas a portas, pasando por Madrid”. Antón Luaces

“De frutas a portas, pasando por Madrid”. Antón Luaces

En tempos, Madrid foi -amáis de capital de España- a cidade das chulapas e chulapóns, a cidade con máis mariños do territorio español, de osos e madroños e a capital do schotis que había que visitar polo menos unha vez na vida. Na actualidade, Madrid é tamén un...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.