En marcha os cursos da UNED Senior impartidos en Boiro

23 Outubro 2019

Un total de 60 alumnos, 30 en cada modalidade, participan este cuadrimestre no programa da UNED Senior que se desenvolve en Boiro. A semana pasada comezaron as clases todas aquelas persoas inscritas no curso de conservas caseiras de alimentos; mentres que onte fixo o propio o alumnado anotado na acción formativa de poda, enxertos e cultivo de froita ecolóxica. O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, aproveitou a ocasión para darlle a benvida aos asistentes.

No curso de conservas caseiras de alimentos son os propios alumnos os que fan propostas sobre os diferentes alimentos que desexan aprender a envasar. Por outra banda, no de poda, enxertos e cultivo de froita ecolóxica, aprenderán en aulas teóricas e prácticas diferentes técnicas de poda axeitadas para cada árbore froiteira, así como o cultivo das mesmas e a realización de enxertos.

As aulas celébranse no viveiro de empresas os martes alternos, en horario de 16.30 a 20.30 horas ata o mes de xaneiro, cumprimentando un total de 30 horas. O obxectivo destes cursos, para os que non se require ningún tipo de formación previa, é ofrecer ás persoas maiores unha formación en temas de actualidade e estratexias de desenvolvemento persoal.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.