Detido un veciño da Pobra como presunto autor do roubo dunha máquina expendedora

02 Outubro 2019

20191002. A Garda Civil do Posto Principal de Boiro detivo a un individuo como presunto autor dun delito de roubo con forza. Os feitos sucederon o 26 de setembro do presente ano nun establecemento comercial de A Pobra do Caramiñal, onde o autor ou autores descoñecidos extraeron unha máquina expendedora de bolas que se atopaba no exterior dun local, asegurada á parede cunha cadea pechada cun cadeado.

Os axentes investigaron os feitos co obxectivo de lograr a identificación plena dos responsables do ilícito. Despois dunha análise minuciosa da información recadada no transcurso da investigación, a Benemérita conseguiu a filiación do autor do mesmo, procedendo á súa detención como presunto autor dun delito de roubo con forza e á recuperación da expendedora extraída, reintegrando a mesma ao seu lexítimo propietario.

O detido, xunto coas actuacións realizadas, foi posto a disposición do Xulgado de Instrución de garda de Ribeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.