David Chipperfield, Galego do Ano

16 Outubro 2019
David Chipperfield e a súa muller, Evelyn Stern, na gala de entrega de galardóns

20191016 David Chipperfield, o prestixioso arquitecto británico afincado en Corrubedo, onde posúe residencia de seu e onde pasa longas tempadas dende hai máis de dúas décadas, vén de obter un novo recoñecemento á súa carreira que, ademais, vén co engadido extra de ser unha distinción ao seu compromiso con Galicia e co Barbanza, de cuxa cultura, historia e paisaxe é un dos seus grandes embaixadores. Estamos a falar do Premio Galego do Ano que concede o Grupo Correo Gallego, galardón que lle foi entregado na gala dos premios o pasado venres.

O arquitecto, que recentemente acadou un gran fito na súa carreira ao inaugurar en Berlín o museo James-Simon-Galerie, a porta de acceso á Illa dos Museos da capital xermana, quixo compartir o recoñecemento coa súa familia e cos colegas da Fundación RIA, entidade impulsada polo propio Chipperfield para mellorar con humanización, recuperación e sustentabilidade o urbanismo e a habitabilidade das localidades do Barbanza.

O arquitecto inglés tamén quixo compartir o premio coa nosa terra, unha homenaxe que veu acompañada dunha proclama a xuntar esforzos para reivindicar e salvagardar o que temos para as vindeiras xeracións: “Aínda que só sexa un galego por vontade estou suficientemente comprometido con Galicia como para suplicarvos que protexades e apreciedes esta terra, que consideredes a súa natureza non só como un decorado, senón como o voso maior capital natural e a garantía para o voso futuro”.

Tamén tivo palabras para enxalzar os ámbitos nos que Galicia é un referente: “Galicia é un exemplo destacado para o resto de Europa como unha Comunidade autosuficiente alimentada pola natureza, a súa xente e as súas tradicións”. É a imaxe, continuou, “dun país moderno que mostra a outros como equilibrar o desenvolvemento económico e a consideración do seu capital natural”, onde a calidade de vida está asegurada e “a próxima xeración recibe os alicerces dun futuro seguro”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.