Cousas de Castelao recala en Teo da man do Grupo Municipal de Teatro de Ribeira

24 Outubro 2019

O Grupo Municipal de Teatro de Ribeira viaxará o sábado 26 ao municipio de Teo para participar no programa Outono Teatral organizado por este concello.

As máis de vinte actrices e actores afeccionados que compoñen o elenco, baixo a dirección de Óscar Romero, interpretarán a obra Cousas de Castelao, estreada con gran éxito en setembro do pasado ano no marco da Mostra de Teatro de Ribeira, desenvolvéndose posteriormente outras representacións e sobresaíndo os sketches na rúa celebrados no marzal pasado para conmemorar o Día Mundial do Teatro.

A función deste sábado dos ribeirenses terá lugar no Auditorio Constante Liste, ás 21.30 horas. Nesa mesma xornada, ás 12.00 horas, haberá unha primeira actuación a cargo Animar-Te co título Onde está o vento?, realizándose na Mediateca do Grilo e dirixida a crianzas de 0 a 3 anos.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.