Continúa a programación das Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán

31 Outubro 2019

A Pobra do Caramiñal segue celebrando a vixésimo primeira edición das Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán. Desta maneira, esta fin de semana terá lugar a presentación dos números 37 e 38 da revista Cuadrante, contando coa intervención de Francisco Xavier Charlín Pérez e Xaquín del Valle-Inclán Alsina. A cita desenvolverase nesta mesma xornada, 31 de outubro, ás 20.15, no Auditorio do Museo Valle-Inclán. Así mesmo, os artistas Roberto Leal e Gemma do Carmo percorrerán as salas do Museo Valle-Inclán para interpretar Ambitus amoenus: De teatro nunha Torre con alma de artista, ás 20.30 horas.

Ademais, Compañía Tatana Teatro levará a escena o domingo, 3 de novembro, a obra Memorias da Árbore da Noite Triste: Último acto de Valle-Inclán. Será no Elma, ás 20.00 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.