CONGALSA, recoñecida internacionalmente pola súa excelencia na xestión

22 Outubro 2019

20191022 CONGALSA, a punteira empresa de produtos do mar conxelados con sede na Pobra do Caramiñal (no Polígono da Tomada), vén de acadar un importante recoñecemento ao seu labor en materia de fabricación e distribución alimentaria. En termos máis concretos, a empresa pobrense recibiu a prestixiosa certificación de excelencia na xestión EFQM 500+, outorgada en España polo Club da Excelencia. Esta acreditación converte a CONGALSA na segunda empresa do seu sector que logra o devandito selo, destinado a distinguir as organizacións máis destacadas no ámbito da xestión integral, innovadora e sustentábel.

Segundo informa a empresa, o selo é o resultado dun camiño iniciado en 2011, intre no que se empeza a implantar e traballar co modelo EFQM, acrónimo en inglés de Fundación Europea para a Xestión da Calidade. Este modelo, para que non o saiba, ten a vantaxe de ofrecer ás empresas unha ferramenta integral para “coñecerse a si mesmas”, permitíndolles a realización de análises obxectivas, rigorosas e estruturadas. En definitiva, trátase dun modelo para mellorar a xestión.

A respecto do dito recoñecemento de calidade, CONGALSA explica que a metodoloxía aplicada na empresa pobrense comezou a dar axiña os seus froitos, grazas ás auto-avaliacións periódicas para monitorizar os criterios que rexen o selo EFQM. “O uso deste modelo cambiou radicalmente a guía de xestión de CONGALSA; desde o proceso de planificación estratéxica, a definición de obxectivos clave e factores de éxito, até a definición de cadros de mando para o control e seguimento da evolución dos proxectos”, explicaron esta semana fontes da firma, engadindo que o devandito permitiu tamén “orientar a toda a empresa na mesma dirección, e conseguir os obxectivos estratéxicos establecidos de forma sostida”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de  “Caldaloba”, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto.        Foi, á vez, un placer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben,  eu que só poido intuir e sentir...

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...