Cancelado até o 11 de novembro o xuízo de Diana Quer

28 Outubro 2019

O xuízo polo crime de Diana Quer, que ía comezar este luns 28 en Santiago de Compostela co obxectivo de xulgar a José Enrique Abuín, tivo que ser cancelado até o vindeiro 11 de novembro. O motivo da suspensión foi a imposibilidade de conformar o xurado popular por falta de persoas que o integrasen.

Segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza Galicia, malia que até este luns se contaba cos 21 candidatos dos 20 que require a lei, catro deles expuxeron motivos legais para non concorrer no xurado popular, motivos que foron tidos en conta positivamente (dous deles alegando problemas médicos, outro por razóns de “non obxectivade” e outra persoa máis por ser maior de 65 anos).

O TSGX lembrou que un tribunal popular das devanditas características debe estar constituído por nove persoas máis dous suplentes, polo que é necesaria a concorrencia de polo menos 20 candidatos. A sesión aprazouse até o 11 de novembro, ás 9.30 horas novamente nos Xulgados de Santiago. Ao longo deste período, a Audiencia Provincial realizará un novo sorteo a través do que se van poder seleccionar 8 candidatos adicionais que completarán aos 17 actuais, máis o catro escusados.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.