Cambios nas mesas electorais de Boiro para os comicios xerais do 10-N

31 Outubro 2019

Con motivo das eleccións xerais do 10 de novembro, o Concello de Boiro celebrou esta mañá unha xunta de seguridade para establecer as actuacións que se levarán a cabo ese mesmo día, facendo fincapé nos colexios electorais que mudan nestes comicios.

O cambio máis significativo prodúcese nas mesas electorais do centro de Boiro e de Cabo de Cruz. Deste xeito, as que antes estaban situadas na Casa da Cultura e o Centro Social de Boiro, trasládanse todas ao pavillón de A Cachada. Así mesmo, as mesas de Cabo de Cruz, que ata o de agora estaban repartidas entre a Casa do Mar e o CEIP Santa María do Castro, pasarán a agruparse na súa totalidade no Centro Social de Cabo de Cruz.

Desde o Concello manifestan que estes cambios veñen motivados pola mellora de accesibilidade aos colexios electorais, así como a optimización de recursos, tanto materiais coma humanos. Ademais, co obxectivo de comunicar esta medida, acordouse a elaboración dun bando informativo e tamén duns carteis que se colocarán nos lugares máis significativos.

En canto á zona de aparcamento dispoñible diante da Piscina Municipal e detrás do Centro Social  de Cabo de Cruz, establecerase un límite de 20 minutos entre as 09.00 e as 20:00 horas, co propósito de garantir a rotación dos vehículos. Da mesma maneira, as persoas con mobilidade reducida poderán estacionar na mesma porta das instalacións da Piscina Municipal para ir a votar. A veciñanza pode consultar o colexio electoral no que lle corresponde votar a través das Oficinas Xerais do Concello de Boiro, podendo chamar ao Consistorio na propia xornada das eleccións para resolver calquera dúbida.

Outros artigos

Detido en Boiro un home por venda de cocaína

A Garda Civil do Posto Principal de Boiro detivo a un veciño da localidade como presunto autor dun delito contra a saúde pública tras ser sorprendido vendendo cocaína na vía pública. A investigación iniciouse grazas a comunicacións anónimas recibidas, que alertaban...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A mellor, a da casa”. Luís Celeiro

“A mellor, a da casa”. Luís Celeiro

Todo ao grande, como debe de ser para aparentar fartura. En A Cañiza, neste mesmo ano,Alberto fixo o bocadillo máis grande que se coñece no mundo. Era de xamón, tan grandeque ninguén era quen de comelo enteiro. A barra de pan medía uns vinte metros delonxitude e a...

“Amigos”. Xulio Xiz

“Amigos”. Xulio Xiz

Eu era de facer anotacións de todo tipo, ata que as novas tecnoloxías me mudaron os hábitos. Hai anos utilizaba unha relación de varios folios onde tiña clasificados por orde alfabética amigos e coñecidos con enderezo, teléfonos e correos electrónicos. E, á parte,...