As Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán arrancan con teatro escolar

23 Outubro 2019

20191023. Unha vez finalizado o I Ciclo Victoriano García Martí, A Pobra do Caramiñal acolle a vixésimo primeira edición das Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán. Este evento comezou celebrándose durante unha semana no ámbito local, chegando a esta convocatoria cun programa composto por un amplo abano de actividades para tódolos públicos que se estenden desde o 23 de outubro ao 30 de novembro no ámbito galego. Uns actos singulares que son de interese para toda a comarca do Barbanza e que inclúen teatro, concertos, ofrenda cívica ou conferencias, entre outros.

A apertura desta cita corre a cargo de Cachirulo Teatro coa representación da obra Farsa italiana da namorada do rei, adaptación do texto de Valle-Inclán destinada aos escolares, levándose a escena na xornada de hoxe, mércores 23, e mañá, xoves 24.

Outros artigos

As festas do Carme dos Pincheiros contan cun Espazo Violeta

O Concello da Pobra do Caramiñal contará cun Espazo Violeta durante as festas do Carme dos Pincheiros 2026. O punto estará situado na praza do Alcalde Segundo Durán e permanecerá operativo durante catro xornadas das celebracións. O Espazo Violeta estará dispoñíbel o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Falta de oportunidades e marxinación” – José Manuel Pena

“Falta de oportunidades e marxinación” – José Manuel Pena

Hai xente moi miserable. Chamando ratas, animando á caza e á pesca de migrantes por parte de responsables públicos é un evidente delito de odio e unha carencia de ética e moralidade da máis elemental. Os cidadáns normais non podemos unir o noso silencio ante tantas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.