Arousa Norte achega obradoiros para facer avanzar o turismo en dixitalización e xestión

29 Outubro 2019

Contribuír a que o sector turístico de Barbanza suba novos chanzos en materia de competitividade, eficacia, comunicación, organización e rendibilidade. Este é o gran obxectivo dos novos obradoiros que vén de convocar a Mancomunidade de Municipios Arousa Norte: dous talleres para a mellora da xestión turística, destinados ás empresas e profesionais do sector dos concellos que integran a entidade. As accións formativas están financiadas pola Mancomunidade a través da Deputación da Coruña.

O primeiro dos obradoiros, A mellora da comunicación dixital, realizarase no concello da Pobra do Caramiñal os días 12, 19 e 26 de novembro. Este taller artéllase en tres seminarios delimitados pero complementarios: Como optimizar o posicionamento da túa web (métodos para conseguir a máxima visualización da nosa empresa ou iniciativa de mercado nos principais buscadores e nas redes sociais), A xestión profesional das redes sociais como ferramenta de captación e mantemento no tempo de clientes, e, por último, Como converter a túa web nunha ferramenta de venda.

O segundo obradoiro, O desenvolvemento de destrezas e habilidades persoais, levarase a cabo no centro do Viveiro de Empresas de Boiro, no Polígono de Espiñeira, os días 13, 20 e 27 de novembro. Os seminarios que integran esta actividade formativa son tres: A atención ao cliente e as súas claves do éxito, A mellora da comunicación interpersoal e a xestión de conflitos, e, por último, Desenvolvemento e innovación de produto e servizo turístico: taller de Service&Amp e Desing Thinking. Cada seminario ten unha duración de 8 horas e o seu horario será de 9:30 a 14:30 e de 16:00 a 19:00h.

As persoas interesadas en participar nestas accións de adestramento poden inscribirse aos talleres completos ou a seminarios soltos. Para inscribirse poden facelo a través da páxina web do IESIDE, na sección de Arousa Norte. Para máis información poden pore en contacto coa Mancomunidade Arousa Norte no correo electrónico correo@arousa-norte.es ou no teléfono 981 845 236.

Outros artigos

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Falece un home tras ser atropelado en Cee

Un home faleceu esta mañá tras ser atropelado na VG-1.4, ao seu paso pola parroquia de Toba, en Cee. O accidente produciuse no quilómetro aproximado 4 da vía. Un particular contactou co 112 Galicia ás 07:45 horas para informar do atropelo. Segundo indicaba, a vítima...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.