Ana Peleteiro remata en sexta posición no Mundial de Doha

07 Outubro 2019

20191007. A atleta ribeirense Ana Peleteiro abriu a final do Mundial de Doha cun salto de 14’47 metros, pero non puido mellorar o rexistro nos cinco intentos posteriores. Deste xeito, quedou en sexta posición, a 26 centímetros do bronce da colombiana Caterine Ibargüen cun 14’73, mentres que o ouro foi para Yulimar Rojas con 15’37.

A deportista remata o 2019 como campioa de Europa, plusmarquista española e sexta no mundo, mellorando a súa marca da final de Londres.

Ademais, contou co apoio da veciñanza de Ribeira que se reuniu na praza do Concello para ver en directo a proba nunha pantalla xigante instalada para tal ocasión.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.