Adxudicada a construción da comisaría de Ribeira por máis de 2’5 millóns de euros

29 Outubro 2019

A Sociedade de Infraestruturas e Equipamentos Penitenciarios e da Seguridade do Estado (SIEP) vén de adxudicar a construción da comisaría de Ribeira a Obras y Servicios Gómez Crespo, S.L. O importe da adxudicación ascende a 2.592.519 euros e o prazo de execución das obras é de dezaoito meses. No momento de saír a licitación, o valor do contrato estimábase en 3.180.614’73 euros.

Esta actuación foi aprobada nunha sesión do Consello de Ministros celebrada a finais de xaneiro, enmarcándose no Plan de Infraestruturas para a Seguridade do Estado 2019-2025.

A construción do novo edificio de Ribeira está pendente desde o ano 2009, cando a Dirección Xeral de Policía solicitou a licencia de obra ao Concello, pero a crise económica obrigou a retrasar a actuación. Finalmente, en xuño deste ano anunciouse o seu impulso de cara a súa materialización.

A zona escolleita para esta nova instalación é a de Fontán, onde se atopan os terreos sobre os que se erixirá esta infraestrutura e que foron cedidos polo Concello. Trátase dunha parcela que conta con 2.074 metros cadrados.

A actual sede policial atópase na avenida Miguel Rodríguez Bautista, ao lado do CEIP O Grupo, nun edificio que foi cedido pola Xunta de Galicia na década de 1980 e sometido a reformas co obxectivo de habilitalo para acoller os servizos que presta á cidadanía aínda a día de hoxe.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.