Aberto o prazo de inscrición nos cinco cursos de informática de Ribeira

31 Outubro 2019

O Concello de Ribeira abre as inscricións para a celebración de cursos de informática para adultos nas distintas parroquias do municipio, dispoñendo de cinco posibilidades: Iniciación á informática, cunha duración de 15 horas; Iniciación Libre Office, de 15 horas; Retoque fotográfico, de 15 horas; Iniciación ao teléfono móbil, de 6 horas; e Sede electrónica, de 6 horas.

Para desenvolver estas accións formativas cómpre ter un mínimo de cinco persoas inscritas, establecéndose o máximo en oito. Unha vez acadada esa cifra requirida, concretaranse tanto as datas coma o curso a impartir entre as cinco alternativas existentes en función da demanda.

As persoas interesadas poden anotarse na Aula CeMIT de Ribeira, con teléfono 981876043.

Estas accións están promovidas pola Concellería de Innovación Tecnolóxica que dirixe Ana Barreiro, contando coa colaboración da Xunta de Galicia.

Outros artigos

Incendiados catro colectores en Aguiño

Os bombeiros do parque Provincial de Ribeira foron alertados esta noite dun incendio que afectaba a varios colectores en Aguiño, no concello de Ribeira. Víronse afectados catro colectores que quedaron completamente calcinados. As lapas danaron tamén, en menor medida,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión