A xunta local contra o cancro da Pobra organiza unha mesa informativa e unha cea

03 Outubro 2019

20191003. A xunta local da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) da Pobra do Caramiñal programa unha serie de actividades para o mes de outubro con motivo da conmemoración do Día Mundial do Cancro de Mama.

Así, o domingo 6, en horario de 11.00 a 14.00 horas, a praza de Maura acollerá unha mesa informativa sobre esta enfermidade. Tamén disporán de folletos explicativos, así como diverso material divulgativo correspondente a esta campaña coma, por exemplo, as gafas de sol da AECC, pulseiras e libretas.

Ademais, o venres 11 terá lugar, ás 21.30 horas, a III Cena Solidaria en favor da AECC no restaurante pobrense Torre de Xunqueiras. Do mesmo xeito que en edicións pasadas, celebrarase un sorteo de agasallos e haberá sesión DJ a cargo de Sounds DJ Matrek. As entradas están á venta en diversos locais da Pobra cun prezo establecido nos 40 euros, podendo adquirirse ata o 9 de outubro.

A organización expresa o seu agradecemento a tódalas empresas colaboradoras e anima á veciñanza pobrense a participar neste evento, agardando repetir o éxito de edicións anteriores.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“¿Dónde está el cuchillo?” – Manuel Domínguez

“¿Dónde está el cuchillo?” – Manuel Domínguez

Le invite a yantar en casa, me esmere en demostrar mis dotes culinarias, preparé lo que a él le gustaba, no se trata de presumir, sino agradar a un invitado, tratarlo como se trata a quien adorna mi casa, las buenas amistades embellecen. Hoy disfrutas de una bella...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.