A Xunta anuncia oposicións para cubrir caseque 1.200 prazas da Administración Xeral

24 Outubro 2019

A Xunta remitirá esta mesma semana ás organizacións sindicais as convocatorias de oposicións para cubrir 1.161 prazas en diversas categorías de Administración Xeral. Trátase de convocatorias agardadas polo persoal que quere estabilizar o seu posto de traballo e polos moitos mozos e mozas que aspiran a acceder a un emprego estable e de calidade na Xunta de Galicia.

A estas prazas hai que sumar as convocatorias de emprego social anunciadas o mes pasado con 591 prazas. Os Orzamentos de Galicia para o vindeiro ano chegarán aos 10.149 millóns de euros, un 3% máis que neste exercicio. Apostan polo reequilibrio territorial e inclúen novas rebaixas no Imposto sobre Sucesións, na compra de vivenda no rural e unha novidosa ‘dedución verde’ no IRPF.
As contas de 2020 reforzan o gasto social ata a maior cifra da historia e incrementan os investimentos e o gasto no Xacobeo 2021.

Edificio Central da Xunta San Caetano Santiago de Compostela

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.