A sinatura dun convenio posibilitará duplicar as prestacións do ecoparque arbóreo de aventuras de San Roque

31 Outubro 2019

O Concello de Ribeira e a Axencia de Turismo de Galicia veñen de asinar un convenio de colaboración que permitirá a ampliación do ecoparque arbóreo de aventuras de San Roque.

En función deste acordo de colaboración, a citada axencia galega realizará unha achega por un importe máximo de 31.245 euros, constituíndo o 65% do investimento total, para acometer unha actuación cuxo orzamento ascende a 48.070 euros e cun prazo de execución de dous meses.

Desde o Concello manifestan que o obxectivo desta intervención reside en “potenciar o interese desta infraestrutura como espazo de turismo activo sacándolle maior potencial ás enormes posibilidades do periurbano de San Roque”, o cal consta de 175.000 metros cadrados de superficie.

Neste senso, duplicaranse as prestacións do ecoparque, pasando dun total de tres circuítos a seis. Os xogos que se implanten revestirán maior dificultade dos xa existentes “na busca de satisfacer as expectativas dun maior espectro de usuarios.”

Así, un dos circuítos estará equipado con rocódromo, rondinos locos, ponte de corda, unha tirolina de 17 metros e outra de 200 metros. Pola outra banda, o segundo circuíto disporá dunha escaleira de cordas, unha parede de paso, un trapecio sentado, unha ponte balancín e un cable de equilibrio. Ademais, o circuíto número tres levará unha escaleira de cordas, lianas múltiples, rede de troncos e tirolina de 150 metros.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.