A praza do Concello de Ribeira vibrou contra a violencia machista

11 Outubro 2019

20191011 A praza do Concello de Ribeira foi un clamor este xoves 10 contra a violencia machista, froito da mobilización convocada novamente polo grupo comarcal de Mulleres en Acción (Asociación de Mulleres da Barbanza) a raíz dos dous casos máis recentes de agresións perpetrados na cidade, os dous denunciados nesta última semana. A concentración comezou ás 20.00 horas ao berro de “basta xa a de violencia contra as mulleres!”.

O acto foi acompañado dun manifesto, lido ao remate do mesmo por Loli Millán, persoa achegada á familia da veciña de Ribeira (a vítima do segundo dos casos de violencia machista desta semana, o primeiro foi denunciado a fin de semana) que permanece hospitalizada con graves queimaduras por, presuntamente, a súa parella.

Segundo lembraron as integrantes de Mulleres en Acción, “o machismo mata, e tamén agride, despreza, insulta, invisibiliza, discrimina e fai imposible a convivencia que se lle debe esixir á democracia, por iso queremos denunciar e condenar a quen agride ás mulleres e as fai vivir con medo”.

Novamente o colectivo volveu esixir, entre outras cousas, que a loita contra o terrorismo machista sexa unha cuestión de Estado, que a loita e os recursos inclúan tanto a violencia que exerce a parella ou ex parella como as agresións de tipo sexual ou acoso sexual no ámbito laboral, e que todas as instancias do Goberno se comprometan realmente na prevención e erradicación das violencias machistas.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...