A Deputación da Coruña e os concellos fan historia co Plan de Igualdade

25 Outubro 2019

A Deputación da Coruña vén de pór en marcha o seu Plan de Igualdade, un completo programa de actividades a desenvolver cos concellos até o ano 2023. O plan, pioneiro na institución, foi presentado onte nos seus detalles pola deputada María Muíño e a técnica Eva Ovenza. Segundo fixeron saber, “coa aprobación deste documento comeza unha nova etapa na aplicación de políticas de igualdade entre homes e mulleres e na loita contra a violencia de xénero”.

María Muíño destacou que esta “é a primeira vez que a institución aproba un plan de acción de políticas de igualdade na súa historia” e fixo fincapé no “proceso de elaboración que contou coa participación de todos os axentes implicados no territorio”.

Respecto das cifras que acompañaron a elaboración da iniciativa, no proceso participativo interviron máis de 1.800 persoas, con 849 persoas que responderon a enquisa online, o desenvolvemento de máis de 100 foros, e máis de 150 entrevistas individuais a traballadoras municipais e da Deputación.

Muíño e Ovenza engadiron que “pola propia natureza do proxecto” era (e será) de obriga traballar estreitamente con todo o persoal político e técnico das administracións do territorio, “Xunta, Concellos, FEGAMP, delegación do goberno, mais tamén de sindicatos, colexios profesionais, entidades veciñais e sociais e por suposto do noso propio persoal”.

O resultado deste proceso cooperativo é un documento que se organiza en torno a 6 áreas estratéxicas e que abrangue 170 medidas que responden a 29 obxectivos específicos. As áreas céntranse na propia Deputación, nos concellos, na sociedade en xeral, no mercado laboral no empoderamento colectivo das mulleres e no fomento dunha sociedade libre de violencias machistas.

Outros artigos

Este venres 11, máis sol co avance do día e temperaturas en ascenso

O reforzo da influencia anticiclónica e a entrada de circulación de vento do nordés marcarán a predición meteorolóxica deste venres, garantindo unha xornada de tempo seco e progresivamente máis despexado. Durante as primeiras horas da mañá predominarán as nubes baixas...

+

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

+

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Sociedade actual” – José Manuel Pena

“Sociedade actual” – José Manuel Pena

É evidente que a sociedade actual está creada á medida dos trepas, insolidarios, narcisistas, xenófobos e xente sen escrúpulos. Teñen todas as condicións e facultades para progresar, enriquecerse e explotar ao resto de mortais. Aprovéitanse da humildade, as carencias...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.