A CIG rexistra unha moción relativa ao Grupo Ferrín

17 Outubro 2019

20191017. A Confederación Intersindical Galega (CIG) vén de rexistrar unha moción para que algún ou varios dos grupos municipais de Ribeira a presenten e a defendan en pleno co obxectivo de que se proceda á revisión do acordo ou convenio que o Concello ten en vigor co Grupo Ferrín, así como que se adoiten medidas de acordo coa lexislación en materia de contratos do sector público.

Na exposición de motivos sinálase que desde que a central sindical obtivo representación sindical na empresa Agustín Sarasquete e Hijos, con sede social no municipio ribeirense e pertencente ao Grupo Ferrín, “iniciouse unha campaña de persecución e acoso a aquelas/es traballadoras/es afiliadas/os da CIG, por esixiren o cumprimento do Convenio Colectivo en materia de xornada, horas extras, salarios, etc.”

O texto tamén manifesta que “diante da negativa da empresa ás demandas dos empregados/as”, as actuacións da CIG resultaron en numerosas sentenzas e sancións da Inspección, pero que “a empresa negábase a cumprir tanto os fallos xudiciais como os mandatos da Inspección.” Así mesmo, o sindicado indica que a empresa xa tivo unha condena con indemnización á delegada sindical por “vulneración de dereitos fundamentais en 2016, entre outras moitas sentenzas.” Engade que “esta situación de desacato e desobediencia continuada diante das instancias xudiciais e inspectoras levou á nosa Central Sindical a presentar no mes de xullo unha denuncia penal nos xulgados de Ribeira por desacato reiterado e persecución sindical.”

Con motivo do convenio entre o Grupo Ferrín e o Concello polo programa de transporte público Ribeira Move, faise referencia á normativa legal sobre contratos do sector público no seu artigo 211.1.i, o cal recolle como causa da resolución dos contratos administrativos “o impago, durante a execución do contrato, dos salarios por parte do contratista aos traballadores que estiveran participando na mesma, ou o incumprimento das condicións establecidas nos Convenios colectivos en vigor para estos traballadores tamén durante a execución do contrato.”

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Los corazones de Loli”- Carlos Moledo

“Los corazones de Loli”- Carlos Moledo

Hay gestos que no caben en ningún titular y que, sin embargo, sostienen el mundo mejor que cualquiernorma. Son gestos de manos. De aguja. De hilo enhebrado con paciencia en muchas tardes, mientras afuerael pueblo continúa con su rutina, persianas a medio abrir y...

“Cadaquén, da súa casa”. Luís Celeiro

“Cadaquén, da súa casa”. Luís Celeiro

Nun acto organizado por AlumniUSC e celebrado na facultade compostelá de Filosofía, unha charla-concerto en memoria de Begoña Caamaño e do seu legado, Francisco Castro recordoulles aosasistentes un feito do que se debe falar e presumir, polo seu interese social e por...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.