A andaina solidaria das Amas de Casa de Ribeira recada 1700 euros a favor de AGAPREM

08 Outubro 2019
Cedida por Asociación de Amas de Casa de Ribeira

20191008. A andaina solidaria a favor da Asociación Galega de familias de nenos Prematuros (AGAPREM) organizada pola Asociación de Amas de Casa de Ribeira, en colaboración co Concello, logrou recadar 1700 euros. A cita contou con 220 participantes que realizaron un itinerario de 8 quilómetros, aproximadamente, percorrendo diversos emprazamentos do municipio ribeirense. A presidenta do colectivo de Amas de Casa, Puri Cores, destacou a asistencia de Alejandro Muñuruzi, pediatra e neonatólogo do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), e de Carmen Tuñas, representante do equipo de enfermaría de neonatoloxía do mesmo hospital.

Unha vez concluída a andaina, procedeuse á actuación das pandereteiras de Amas de Casa de Castiñeiras e Corrubedo, así como ao sorteo de regalos doados por comercios.

Puri Cores tamén quixo expresar o seu agradecemento, entre outros, ao Concello ribeirense, Policía Local, Protección Civil, establecementos do municipio, á xunta directiva das Amas de Casa, a tódolos participantes, e a Fran Romay por participar activamente na organización e preparar o itinerario.

Así mesmo, anunciou que este evento se repetirá o primeiro domingo de outubro dos vindeiros anos.

Cedida por Asociación de Amas de Casa de Ribeira

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.