15 concellos galegos xuntan forzas en Rianxo a prol da nosa lingua

31 Outubro 2019

Rianxo, por ser o concello que exerce a presidencia nos dous primeiros anos de existencia da Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega, acolleu este martes 29 a primeira asemblea xeral da dita asociación a prol da normalización do galego, fundada o pasado mes de febreiro en Santiago por 15 concellos da nosa terra. A xuntanza celebrouse no Auditorio de Rianxo, onde se volveu pór de manifesto a firme vontade de compartir recursos e xuntar forzas para desenvolver proxectos que incrementen a todos os niveis a presenza do galego.

Rianxo, que como dixemos exercerá a presidencia durante os dous primeiros anos, acolleu a representación política e técnica dos demais concellos que pertencen á asociación: A Baña, A Coruña, Ames, Ferrol, Moaña, Narón, O Grove, Ponteceso, Pontevedra, Ribadeo, Rois, Santiago de Compostela, Teo e Vilagarcía de Arousa. Esta primeira asemblea xeral serviu para aprobar a adhesión de dúas novas entidades socias: os concellos de Betanzos e Redondela, e, tamén, para determinar “cal vai ser o xeito de organizar o traballo da asociación”.

Segundo informou o Concello de Rianxo, as administracións locais que forman parte da asociación xa viñan colaborando xuntas en proxectos de promoción da lingua, como son os casos do Apego (primeira infancia), o certame Youtubeir@s (tecnoloxías e comunicación) ou o Club de Debate (mocidade). O obxectivo da asociación é “promover a colaboración entre as distintas institucións para lograr unha xestión máis eficaz e unha redución considerable nos custos destes e doutros proxectos en materia de lingua, co fin de que poidan estenderse ao conxunto da cidadanía galega”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.