10 parroquias da comarca acolleranse a rebaixa fiscal para a compra de vivendas

19 Outubro 2019

20191018.- A nova rebaixa fiscal da Xunta de Galicia para a compra de vivenda no rural, incluída no proxecto de Lei de Orzamentos para 2020 que aprobou o Consello da Xunta e que entregará no Parlamento para
iniciar a súa tramitación, beneficiará a un total de 3.459 parroquias galegas pouco poboadas das catro provincias.
Da comarca beneficiaranse 3 parroquias de Rianxo, 3 Boiro e 4 de Ribeira.

Unha vez que entre en vigor esta rebaixa, o Imposto sobre Transmisións Patrimoniais (ITP) reducirase do 7% ao 5% no caso de compra de vivenda habitual –con límite de patrimonio- en algunha destas 3.500 parroquias, e baixará do 10 ao 6% para o resto de compras de vivenda tamén nestas parroquias, co obxectivo de fixar poboación no rural e dinamizar estas zonas. Deste xeito, o rural galego pasará a ter a menor tributación para a compra de vivenda de toda España.

Casa rural

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.