Uns 200 deportistas participaron nos dous traxectos do sexto Trail Castelo de Vitres

23 Setembro 2019

20190923 Este domingo 22 xuntáronse no monte de Boiro algúns dos principais deportistas de trail (carreira en sendeiros de montaña) da nosa terra e de máis alá da nosa xeografía. A sexta edición do Trail Castelo de Vitres foi unha cita heroica na que as/os participantes puxeron a proba o seu potencial físico e mental e, tamén, a súa ampla capacidade para confraternizar ante os desafíos deportivos (o Facebook da proba, chea de demostracións de amizade, admiración e compañeirismo, así o reflicte).

A proba contou dúas distancias: a tradicional de 26 quilómetros e unha máis accesíbel, de 15, con 700 metros positivos, para impulsar a participación das e dos deportistas acabados de iniciárense neste deporte. Os dous traxectos tiveron o seu punto de partida no polideportivo de Santa Baia, arredor das 9.30 horas (a proba principal) e das 10.00 (a proba para os iniciados). Os premios, que se entregaron sobre as 14.30 horas, puxeron de manifesto a importante valía e capacidade de superación de todas as persoas inscritas: non só houbo trofeos para os que subiron ao podio, senón que tamén se entregaron recoñecementos entre todos os corredores con independencia de cal fose finalmente o seu resultado, amais de medallas conmemorativas.

Os momentos previos á saída con parte dos organizadores

A carreira, organizada polo Club Tribu Trail coa colaboración activa do Concello de Boiro, tamén destacou polas circunstancias do clima de finais de setembro (unha sucesión de chuvieiras e sol que, lonxe de deslucir a competición, mellorou o pano de fondo da mesma) e pola paisaxe pola que discorreron os dous itinerarios (o ascenso pola serra do Barbanza até o castelo de Vitres, un miradoiro de primeira categoría para contemplar a ría de Arousa ao completo).

Na proba participaron finalmente 200 corredoras e corredores.

A clasificación quedou da seguinte maneira:

· O palmarés da proba longa (neste PDF) encabezárono Elpido Gómez Sousa (2.37.07), Samuel Saborido Soñora (2.38.46), Emilio Montilla Fernández (2.38.46), Marcos Trelles Rodríguez (2.39.31) e Marcos Pascual Fidalgo (2.51.08).

· O palmarés da proba curta (neste PDF ao completo) quedou así: Esteban Toucedo Santos (1.20.24), Bruno Cardamas Freire (1.20.58), Chema Quintián Agrafojo (1.22.22), Adrián Fernández Domínguez (1.23.49) e Marcos Schneider (1.24.27).

Outros artigos

A Audiencia da Coruña condena a un home por unha agresión en Boiro

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña condenou a un home ao pagamento dunha multa de 720 euros por cometer un delito de lesións ao agredir a outro home en Boiro. Segundo os feitos recollidos na sentenza, o acusado increpou a unha camareira á saída dun bar...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“No lo entiendo, no lo comparto y soy opuesto” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...