Unha viaxe a Sálvora e un xantar como colofón ao verán dos colaboradores de ‘Paséate con Nós’

13 Setembro 2019

20190913. Os maiores do concello de Boiro colaboran desde fai anos coa Oficina de Turismo exercendo de guías turísticos de diversas actividades no municipio baixo o programa ‘Paséate con Nos’. Esta semana remataron cunha visita á illa de Sálvora cos técnicos de turismo e unha comida co alcalde, José Ramón Romero, e a concelleira de Turismo, Marisa Collazo.

Elaboración de nasas, explicación do proceso de cría de mexillón, marisqueo, coñecer como funciona un estaleiro ou o funcionamento dun muíño de río son algunhas das actividades que estes maiores ensinan aos visitantes que cada verán chegan ao municipio boirense. A edil de Turismo, Marisa Collazo, manifestou que “con esta iniciativa o que se busca é a implicación dos nosos maiores no desenvolvemento turístico do municipio.”

O rexedor de Boiro, José Ramón Romero, expresou o seu agradecemento a estas persoas que “de maneira desinteresada nos achegan os seus coñecementos e lle mostran aos visitantes que veñen a coñecer Boiro a nosa tradición, a nosa cultura e a nosa historia.” Esta iniciativa desenvólvese desde varios anos atrás e xera moito interese entre os visitantes, traducíndose nunha maior demanda.

Outros artigos

Cabo de Cruz celebra do 15 ao 17 de xullo as Festas do Carme

O Concello de Boiro colabora coa Comisión das Festas do Carme de Cabo de Cruz no desenvolvemento das Festas do Carme 2026 que se celebran do 15 ao 17 de xullo. O alcalde, José Ramón Romero, participou este venres 10 de xullo na presentación da programación xunto co...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.