Último solpor de agosto no Faro de Corrubedo

02 Setembro 2019
Solpor a carón do faro/Imaxes de Fran Domínguez

20190902 Agora que vén de comezar setembro, dificilmente vaise poder repetir unha impresionante escenografía colectiva como a que vemos na imaxe, obtida a semana pasada no Faro de Corrubedo por Fran Domínguez, xusto ao comezo da noitiña, co sol xa acabado de afundirse por tras do horizonte e con visitantes (sobre todo) e residentes (algo menos) tentando buscar o mellor encadre e os mellores efectos de luz en cadansúas cámaras orientadas ao solpor.

E dicimos “dificilmente” porque co comezo deste último mes do verán, a comarca volve recobrar en parte, como cada ano por estas datas un pouco tristeiras, os índices de poboación previos á chegada da época estival: os pisos de aluguer vacacional baléiranse, as terrazas dos bares e restaurantes vólvense máis silandeiras e nas praias máis concorridas o problema para chantar o parasol e a toalla deixou de ser un problema. E o Faro de Corrubedo, á espera de que avance a tramitación para convertelo en espazo hostaleiro-turístico, recobra unha vez máis (temporalmente) a tranquilidade.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...