Trece pintores de Corrubedo exhibiron as sĂșas obras na casa do mar

23 Setembro 2019

20190923. Con motivo das festas de Santa Tecla na parroquia ribeirense de Corrubedo, un total de trece artistas desta localidade -once mulleres e dous homes- expuxeron as sĂșas obras durante as xornadas do sĂĄbado e do domingo na casa do mar.

O acto inaugural da exposición contou coa presenza da concelleira Ana Ruiz; do presidente da Asociación Corrubedo XI Séculos, Antonio Freire; e de Fernando Vilariño, comisario da mostra. Ademais, asistiu numerosa veciñanza, así como os creadores e creadoras.

A edil felicitou aos presentes por contar con “tan nutrido nĂșmero de artistas no pobo”, mentres que Fernando Vilariño amosou a sĂșa satisfacciĂłn polo feito de que entre os participantes se atopase xente moza. Pola sĂșa parte, Antonio Freire, salientou o “talento e gran calidade” manifestada nos lenzos que se poden contemplar, coma Ă© o caso da pintora decana de Corrubedo, Maralla.

Os artistas participantes foron Maralla (María José Paz Franco), Salgueiro (María José Salgueiro), Vyanna D. L. (Maria José García Santos), Marisé (María José Prego), Carla (Carla Vizcaya Chouza), Yaiza (Yaiza Santos Romay), Camila (Camila Romay García), Jimena (Jimena Romay Romero), Pitusa M. I. (María José Fernåndez García), Kavi (Javier Pérez Pérez), J. M. Valiño (José Manuel Valiño Vidal), Sol (Marisol Pérez Santos) e Alba (Alba Pérez Reino).

Esta mostra estivo organizada pola Asociación Corrubedo XI Século coa colaboración e patrocinio do Concello de Ribeira.

Outros artigos



Publicidade

ï‡Ș

Revista en papel



OpiniĂłn

“Una vida para el recuerdo”. Manuel Dominguez

“Una vida para el recuerdo”. Manuel Dominguez

Me siento plåcidamente en una butaca y mås que soñar me pongo a mirar atrås, muchos años atrås, años vivido en una infancia llena de necesidades, pero pletórica de imaginación. Y sin llorar me pongo a recordar, aquellos barquillos en forma de cono o planos que en...

“Facer cola”. Xulio Xiz

“Facer cola”. Xulio Xiz

A venda de loterĂ­a polo Nadal provoca colas que se ata hai pouco se formaban os dĂ­as previos ao sorteo agora, igual ca todas as celebraciĂłns, se amplĂ­an de maneira que xa hai que facelas para mercar un boleto que pode facernos ricos, de paso...