Seis centros escolares da comarca estréanse este ano como centros dixitais

09 Setembro 2019

20190909 O curso escolar que comeza este mércores vén con certas novidades tecnolóxicas. Estas foron dadas a coñecer hoxe pola conselleira de Educación, Carmen Pomar, xunto coa directora da axencia AMTEGA, Mar Pereira, no transcurso dunha xornada formativa con 400 coordinadores do proxecto E-Dixgal (o proxecto docente galego de coñecemento dixital). As novidades, segundo fixeron saber, teñen que ver cos contidos dixitais (que se incrementa), co Entorno Virtual de Aprendizaxe (EVA), que foi obxecto de melloras, ou co número de centros que se incorporan a E-Dixgal, que este ano son un total de 80. Desta cifra total, 6 son centros do Barbanza.

As novidades tecnolóxicas foron debulladas por Mar Pereira, que puxo o foco no incremento de novos provedores de contidos curriculares, aos que se suman, por unha banda, os novos contidos SmartClasroom (que permiten aos docentes crear coñecemento personalizado e adaptado ás necesidades do alumnado); e, por outra banda, a Iniciativa DIXIT (na que a colaboración de empresas tecnolóxicas e docentes posibilita a creación de información educativa innovadora).

A directora de AMTEGA destacou tamén “a boa resposta” do Servizo de Atención Premium para familias, alumnado e docentes, que entrou en funcionamento o curso pasado con atención remota as 24 horas, presencial en máis de 60 puntos de atención e, tamén, no domicilio.

Polo que respecta ao número de centros educativos que se suman a E-Dixgal este curso académico, trátase de 80, tal e como lembrou a Xunta no mes de xullo, o que dá como resultado unha comunidade de 347 centros escolares abeirados á devandita iniciativa tecnolóxica.

De Boiro, Rianxo e Ribeira

Media ducia de centros docentes de Barbanza veranse beneficiados este curso (2019/2020) coa súa inclusión no proxecto de libro dixital (E-dixgal) da Consellería de Educación. Trátase do CEIP Santa María do Castro (Boiro), o CEIP Xosé María Brea Segade (Rianxo), o CEIP Heroínas de Sálvora (Ribeira), o CEIP Plurilingüe de Artes (Ribeira), o CEIP Plurilingüe de Palmeira (Ribeira), e o CEIP Plurilingüe O Grupo (Ribeira). En total, incorpóranse ao proxecto 80 centros de toda Galicia, dos que 33 son provincia da Coruña.

A iniciativa E-Dixgal, impulsada pola Consellería de Educación e a axencia AMTEGA, púxose en marcha no curso 2014/2015 cun total de 84 centros educativos e 2.300 alumnas e alumnos na etapa de educación primaria en toda Galicia. Coas novas incorporacións a comunidade de centros adheridos ao proxecto chegará a 347 centros de ensino e a 27.000 alumnas e alumnos. Os seus obxectivos fundamentais son transformar as nosas aulas tradicionais en aulas innovadoras e dixitais, coa colaboración de toda a comunidade educativa e de empresas da nosa terra, e loitar contra a fenda tecnolóxica que separa os núcleos urbanos de boa parte do rural.

O programa, que vai dirixido aos centros públicos que impartan ensinanzas de 5º e 6º de Primaria e de 1º e 2º da ESO e que conten con aulas dixitalizadas, achega aos colexios unha manchea de materias de modalidade dixital (a totalidade das mesmas para os de Primaria, e media ducia de materias para os de Secundaria).

Os centros adscritos a este proxecto disporán “da conexión á rede axeitada e cos medios tecnolóxicos necesarios na aula”, así como para o profesorado e alumnado; e terán acceso a unha contorna virtual de aprendizaxe cos contidos de balde subministrados pola Xunta. Así mesmo, contarán con máis de 3.400 recursos do acubillo de contidos do espazoAbalar.

.

Outros artigos

Poñendo en valor os nosos máis de 2.500 km de costa

A Xunta impulsa o Camiño do Litoral cunha ruta única de norte a sur Alfonso Rueda xunto a un dos sinais identificativos da ruta Galicia conta desde esta tempada estival cun novo proxecto que permitirá a veciños e visitantes desfrutar ao máximo da súa costa ao tempo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.