Santa Uxía afronta a súa recta final con variada programación

13 Setembro 2019

20190913. A cidade de Ribeira segue de celebración con motivo das festas patronais de Santa Uxía. Deste xeito, para a xornada de hoxe está programado o contacontos Caxoto: Contos a pé de rúa, ás 18.00 horas, na praza de Porta do Sol. Este mesmo emprazamento acollerá, ás 21.30 horas, o concerto de música variada a cargo de Ange-Patrick Duhy, actividade que organiza a parroquia. Xa ben entrada a noite, ás 23.00 horas, chega a Banda Xangai co ‘Proxecto Xangai’ ao paseo do Malecón. Ademais, desenvolveranse as rutas en veleiro pola ría de Arousa baixo o nome de ‘Riveira no Camiño’ con catro saídas para as 11.00, 12.30, 17.00 e 18.30 horas, dentro do programa ‘O teu Xacobeo’ do Xacobeo 2021.

Mañá, sábado 14, será o derradeiro día dos festexos. Para tal ocasión, haberá numerosas propostas. Así, Charo Pita será a encargada dos contacontos para bebés A Familia Papaventos, ás 12.00 horas, na Biblioteca pública municipal. O Museo do Gravado de Artes albergará, ás 13.00 horas, a inauguración da exposición e entrega do X Premio Internacional Atlante de Gravado. Xa pola tarde, ás 18.00 horas, terá lugar o espectáculo de baile da asociación Alfaia na praza de Porta do Sol; mentres que, ás 19.30 horas, será a quenda do espectáculo teatral infantil Mai Mai, da man de Baobab Teatro, dirixido a crianzas a partir de 5 anos e que se desenvolverá no Auditorio municipal.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“…e o “medicamentazo”!”. Dr. Xosé Mª Dios Diz

“…e o “medicamentazo”!”. Dr. Xosé Mª Dios Diz

“O mundo non está en perigo polas malas persoas, se non por aquelas que permiten a maldade.Albert Einstein: Alemania 1879 - EUA 1955. Físico e matemático. No estado español, o "medicamentazo" (Real Decreto Lei 16/2012) de Mariano Rajoy (PP)permitiu a exclusión do...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.