A Banda Xangai achegará a Ribeira a súa relectura do bravú

06 Setembro 2019

As Festas de Santa Uxía, en Ribeira os días 11, 12, 13 e 14, constitúen a traca final dun verán cargado de tracas. É posíbel rematalo ao grande durante estas festividades? Pois non só é posíbel, é que é inevitábel. Boa parte da culpa vaina ter a Banda Xangai, que forma parte dun programa de vinte eventos musicais, culturais e relixiosos e cuxa actuación está prevista para o venres 13 deste mes, a partir das 23.00 horas.

A Banda Xangai, que recolle no seu nome o alcume do tren que uniu Galicia e Catalunya durante anos (un tren de esperanzas e de entrecruzamento cultural), é en si mesma unha suma de moitas cousas: dun amplo elenco de artistas procedentes de diferentes grupos (todos eles históricos no noso panorama musical) e dun completo abano de estilos (bravú, rumba, regueifa, rap, merengue ou mesmo punk).

Xúntanse na Banda Xangai nomes importantes da música galega, de bandas xermolo do movemento Bravú e proxectos posteriores: Os Diplomáticos de Monte Alto (Xurxo Souto e Pulpiño Viascón), Os Papaqueixos (Xan Xove e Antón Díaz), O Jarbanzo Negro (Nacho López), Dios Ke Te Crew (García), As Garotas de Ribeira (Sofía Tarela), A Magnifique Bande dos Home Sen Medo (Martiño Mato e Olivier Cano)… Xuntas e xuntos conforman, nas súas palabras, “unha locomotora musical de vocación festiva”.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

El Gobierno dio un paso significativo desclasificando documentos del fallido golpe de Estado del 23 de febrero de 1981. Aquel día, con la irrupción de Antonio Tejero en el Congreso, la incertidumbre paralizó al país y la joven democracia española vivió su momento más...

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

Hace tres semanas fue publicado el muy simpar catálogo REGALADE que enumera y da distancias y medidas de ochenta millones de galaxias en el cosmos observable. Distan hasta seis mil millones de años luz, y permite que los astrónomos identifiquen muchas más galaxias y...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.