Ribeira premia os mellores xardíns do municipio

11 Setembro 2019

20190911. Coincidindo co inicio das festas patronais de Santa Uxía, o salón de plenos do Concello de Ribeira acolleu o acto de entrega das distincións aos mellores xardíns das nove parroquias que conforman o municipio.

Os obsequios consistentes nun ramo de flores e nunha placa foron entregados polo alcalde Manuel Ruiz; a concelleira de Medio Ambiente, Elvira Pereira; a súa homóloga de Cultura, María Sampedro; e a edil de Servizos Sociais, Ana Ruiz.

O rexedor expresou o seu agradecemento a toda a veciñanza que contribúe ao embelecemento do concello a través de “pequenos detalles que intentan cambiar lugares.” Deste xeito, manifestou que “sempre hai algunha persoa, algunha familia, que diferencian un lugar de outros.”

As persoas galardoadas foron Josefa Lorenzo Martínez (Palmeira), O Corral de Prego (Oleiros), Estrella Martínez Parada (Castiñeiras), Ramona Paz Muñiz (Aguiño), María Dolores Sampedro (Carreira), María José Montemuiño (Corrubedo), Ana Martínez (Olveira), O Forno de Artes (Artes) e Zum Zum (Ribeira).

Así mesmo, procedeuse ao outorgamento dunha placa coa que se distingue a unha colectividade, neste caso integrada pola familia Docampo, con residencia na avenida Miguel Rodríguez Bautista, esquina rúa Cordieiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

Dí o PP que Pedro Sánchez "non quere un Rei preto do pobo; o PP, sí". Segundo fontes do partido, o PP vai exercer presión parlamentaria no Congreso para esixir explicacións ao Goberno e a visita do presidente de Ceuta ao palacio de Marivent , residencia vacacional dos...

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.