Rianxo achégase este venres 6 á poesía galega do novo milenio

02 Setembro 2019

20190902 Neste treito inicial de setembro toca falar de poesía de Rianxo. O motivo? A presentación do documental Vértice de Versos que se celebra venres 6 na Biblioteca Municipal, unha obra audiovisual de Carlos Lorenzo no que participan poetas da nosa terra (incluído o rianxeiro Gonzalo Hermo) achegando a súa visión da “lírica do novo milenio”, ou sexa, de toda esa tradición poética nosa que está sempre converténdose en modernidade, nun apaixonante ciclo permanente e sen fin. A cita, prevista para as 21.00 horas, contará coa presenza do propio Carlos Lorenzo. A actividade vén da man do Concello de Rianxo (Cultura, Xuventude, Educación e Normalización) e a Biblioteca, ao abeiro do programa Ler Conta Moito.

Vértice de Versos, segundo se fai saber na web persoal do director, é unha longametraxe documental na que “se repasa o acontecido desde os anos 90 no universo poético de Galicia”, engadíndose que se trata dun “proxecto audiovisual que presta atención ao valor didáctico que permite coñecer a principal fonte literaria galega”. Entre outras autores e autores, participan o devandito Gonzalo Hermo, Enma Pedreira, Luís González Tosar, Modesto Fraga, Teresa Seara ou Rosalía Fernández, entre outras e outros.

O documental e as diferentes pezas audiovisuais que a xeito de entrevistas (un total de 19) con poetas lle dan forma está a ser un éxito na Rede. Segundo lembra Carlos Lorenzo, xa se reproduciron máis de 3.000 veces a día de hoxe.

Os vídeos forman parte dos múltiples contidos audiovisuais que complementan o documental. Ademais das entrevistas ás persoas (poetas e expertos) que interveñen en Vértice de Versos, existen vídeopoemas e cancións, algúns deles realizados especificamente para a longametraxe.

Outros artigos

En Rianxo abren as inscricións do Campamento de Teatro Verán 2026

O Concello de Rianxo informou de que están abertas as inscricións para o Campamento de Teatro Verán 2026, que inclúe unha manchea de actividades formativas e de lecer para permitir ás mozas e mozos "desfrutar dun verán diferente" ao tempo que desenvolven e sacan á luz...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...