Quico Cadaval estreará Medida x Medida no FIOT de Carballo

13 Setembro 2019
O ribeirense, Quico Cadaval. AEP

20190913 O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o FIOT, foi presentado este mércores no seus detalles, na vila bergantiñá, nun acto cos medios nos que se puxo o foco na nova web do certame (www.fiot.gal, que se estreou esta semana oficialmente) e nos principais fíos temáticos da edición 2019 do certame: a solidariedade, o feminismo, as periferias e na diversidade.

Tamén se fixo saber que haberá 38 espectáculos, dos cales 9 son estreas absolutas e 8 estreas no país. Entre estas estreas figura Medida x Medida, de Producións Teatrais Excéntricas, adaptada e dirixida polo dramaturgo ribeirense Quico Cadaval. Esta estrea absoluta será o 4 de outubro. O FIOT celebrarase entre os días 27 de setembro e 1 de novembro.

O espectáculo Medida x Medida, cuxa preestrea está programada para a Illa de Arousa o día 20 de setembro, é un dos grandes acontecementos teatrais galegos da tempada, en palabras da organización do FIOT “unha das propostas máis salientábeis das nosas compañías”. A estrea abrirá o Programa de Sala o venres 4 de outubro. A nova creación de Producións Teatrais Excéntricas, que está a celebrar o seu 15º aniversario, achegará un punto de vista novo, xenuinamente noso, sobre o legado artístico de William Shakespeare: o punto de vista retranqueiro, espontáneo e irreverente de Quico Cadaval, que xa ten ás súas costas certa experiencia de deconstrución e reconstrución arredor da obra do escritor inglés (por exemplo a través da obra Shakespeare para ignorantes).

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.