Podemos Galicia mostra o seu apoio á Noite Violeta

19 Setembro 2019

20190919 Podemos Galicia está a informar do seu apoio integral á Emerxencia Feminista e ás concentracións da Noite Violeta que se celebran este venres nunha vintena de localidades galegas, incluída (tal e como sinalamos hoxe mesmo en O Barbanza) a cidade de Ribeira (que acollerá a partir das 21.00 horas, con punto de partida na praza do Concello, unha mobilización de loita contra a violencia machista).

Verónica Hermida, secretaria de Feminismos de Podemos Galicia, lembra que o obxectivo da participación do seu grupo na Noite Violeta é “denunciar a intolerábel restrición de dereitos e liberdades que padecen as mulleres”.

Amais de en Ribeira, as concentracións levaranse a cabo noutras 19 vilas e cidades galegas e en arredor de 200 de todo o ámbito estatal. A orixe da mobilización está na declaración da Emerxencia Feminista proclamada en Alacante o pasado 20 de agosto, ao que cómpre engadir a necesidade de de denunciar a interminábel listaxe recente de mulleres vítimas da violencia machista (entre as que se atopan as tres mulleres asasinadas esta mesma semana en Valga).

A secretaria de Feminismos de Podemos Galicia, Verónica Hermida, manifestou hoxe “o apoio total do partido a esas convocatorias”, ás que asistirán os cargos orgánicos da formación. “No mes de xullo, unha muller foi asasinada cada dous días. Van máis de corenta no que levamos de ano. Os delitos sexuais medraron un 50% entre xullo e agosto, denúnciase unha violación cada seis día horas, é dicir catro ao día, e no que levamos de 2019, duplicouse o número de violacións con respecto a anos anteriores. Alguén pensa que podemos falar de normalidade?”, subliñou Hermida.

As concentracións da Noite Violeta en Galicia celebraranse en A Gudiña, Ames, Arteixo, Cambados, Cangas, Cee, Compostela, A Coruña, O Courel, Cuntis, Ferrol, Foz, Lalín, Marín, Miño, Mondariz, Noia, Ourense, Padrón, Pontevedra, Poio, Ribeira, Teo, Vedra, Verín, Vilagarcía e Vigo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.