‘Outono Dixital’ achega sete cursos gratuítos sobre novas tecnoloxías á veciñanza ribeirense

19 Setembro 2019

20190919. Baixo o título de Outono Dixital,a Aula CeMIT de Ribeira acollerá durante os meses de outubro e novembro novos cursos co obxectivo de introducir á veciñanza nos distintos eidos das novas tecnoloxías. A encargada de detallar a programación foi a concelleira de Innovación Tecnolóxica, Ana Barreiro, acompañada do axente TIC Manuel Bello.

En total, son sete as accións formativas ofertadas a persoas maiores de 18 anos e de distintos tipos de perfís.

Ofimática-LibreOffice, do 2 de outubro ao 29 de novembro, con clases os luns, mércores e venres, en horario de 09.30 a 11.00 horas. Os contidos que se imparten capacitan ao alumnado para poder presentarse aos exames CODIX, certificación galega de competencia dixital en ofimática.

Iníciate na Informática, do 3 de outubro ao 28 de novembro, con clases martes e xoves, en horario de 09.30 a 11.00 horas.

Sede electrónica, no que haberá un curso en outubro e outro en novembro. No caso do próximo mes, as clases terán lugar do 21 ao 24, de luns a xoves, en horario de 11.30 a 13.00 horas.

Exprime o teu móbil, no que tamén haberá un curso cada mes. O de outubro terá lugar do 21 ao 24, de luns a xoves, en horario de 11.30 a 13.00 horas.

Edición de vídeo, do 18 ao 29 de novembro, de luns a venres, en horario de 11.30 a 13.00 horas.

Existe un límite de prazas establecido en 12 para cada unha das accións formativas e as inscricións poden formalizarse tanto na páxina web https://cemit.xunta.gal/es/centro/67, coma nas propias instalacións da Aula CeMIT, situada debaixo da escola infantil municipal, na rúa Cubeliños 1 e con teléfono 981876043.

Tamén se manifestou a intención de abrir un grupo de whatsapp co obxectivo de informar das convocatorias para o 2020.

Así mesmo, Ana Barreiro anunciou que se celebrarán cursos gratuítos en tódalas parroquias que o requiran, sempre que a demanda sexa dun mínimo de 5 veciños, con posibilidade de consensuar os contidos.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...