Os xardíns Valle-Inclán, unha sala de exposicións a ceo descuberto

03 Setembro 2019

20190903. A arte non só se atopa nos museos e con esa idea chega aos pobrenses xardíns de Valle-Inclán a cuarta edición do Olladas na Rúa. Esta cita reunirá o sábado 7 as obras dun total de 33 artistas, dos cales 20 son pintores e 13 escultores. Un evento que foi crecendo ano tras ano, pois na primeira convocatoria contouse con 22 participantes, mentres que no 2018 xa foron 28. A pesar de que as obras disporán dun cartel onde se indique o título, autor e técnica empregada, algúns dos creadores estarán nas inmediacións dispostos a explicar a quen o requira os detalles da súa peza. Ademais, como novidade repartiranse ao redor de 400 folletos con prólogo de Eme Cartea, da A. C. Barbantia. Así o deron a coñecer esta mañá no Consistorio da Pobra do Caramiñal a concelleira de Cultura, Patricia Lojo, e a técnico da mesma área, Fita Sanisidro.

A edil manifestou que con esta proposta queren “que a arte tome estes xardíns e saia á rúa”, pois chega a un amplo público e “gusta moitísimo.” Deste xeito, a vila converterase por un día “nun gran museo” ao aire libre e posibilitará a visibilidade dos autores a unha maior escala.

Pola súa parte, a técnica de Cultura indicou que se representarán diversas técnicas da pintura contando con “óleo, gravados, debuxo, acuarelas, collages, acrílico…”, así como da escultura a través de distintos materiais coma “pedra de aquí da Barbanza, madeira -tanto de castiñeiro coma de buxo, de chopo, policromada-, outras pezas van en aceiro inoxidable, outros con materiais de refugallo, algunhas con bronce.” Así mesmo, precisou que non so participarán artistas da comarca, senón tamén da provincia de Pontevedra.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Leer en tiempos hostiles” – José Castro López

“Leer en tiempos hostiles” – José Castro López

En este tiempo, cuando la información fluye de manera instantánea y constante y las pantallas reclaman nuestra atención inmediata, detenerse a leer parece, para muchos, una antigualla. Sin embargo, la lectura resulta hoy más necesaria que nunca. No se trata solo de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.